CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberto ata o 11 de xullo o prazo de inscrición na actividade de pesca sen morte do programa "Vive o verán"

04/07/2014 Para o sábado 12 de xullo, o programa Vive o verán prepara unha actividade na Granxa do Xesto conducida coa colaboración da Sociedade de Caza e Pesca La Venatoria: o Obradoiro de achegamento ás artes de pesca sen morte. Aínda quedan prazas para esta actividade, cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de xullo.

A actividade desenvolverase de 11:00 a 13:00 horas e terá un máximo de 30 participantes. A idade mínima para inscribirse é de 6 anos e os menores deben ir acompañados por adultos. Os asistentes aprenderán o manexo de cana e dos aparellos de pesca capturando sen morte troitas. A organización facilitará a cana e o material.

A actividade é de balde e precisa inscrición previa no Centro Sociocultural das Fontiñas, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Información no teléfono 981 528 750.

Compartir: