ALCALDÍA

O alcalde transmítelle a Paul Daniel o agradecemento da cidade polo seu traballo á fronte da Real Filharmonía de Galicia

01/07/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel.

O alcalde valorou o traballo que está a realizar Paul Daniel e trasladoulle o agradecemento da cidade. Pola súa parte, o director deu as grazas a Ángel Currás polo seu apoio ás súas iniciativas á fronte da formación e a "novas vías de exploración para a proxección da orquestra a outros campos".

O máximo responsable da RFG deulle conta a Ángel Currás das principais obras que se interpretarán e dos directores e solistas que colaborarán coa orquestra ao longo desta temporada. Todos os detalles desta serán presentados nunha rolda de prensa prevista para este mércores, ás 12:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: