CENTROS SOCIOCULTURAIS

Últimas prazas para a saída ao parque acuático de Cerceda do 3 de xullo

27/06/2014 A programación de Vive o verán inclúe un ano máis unha saída ao parque acuático de Cerceda. O prazo para inscribirse nesta actividade, prevista para o xoves 3 de xullo, estará aberto ata o sábado 28 de xuño.

Esta saía a Cerceda está dirixida a rapaces de 7 a 14 anos que saiban nadar. Os participantes sairán en autobús dende Santiago en torno ás 10:30 horas e regresarán as 20:30 horas, gozando dunha xornada refrescante e lúdica no parque acuático acompañados por monitores especializados.

Os interesados en inscribirse deben achegarse en horario de tarde (de 17:00 a 21:00 horas) ao Centro Sociocultural de Vite (rúa de Carlos Maside, s/n – Teléfono 981 542 490) e cubrir a correspondente ficha de inscrición. A actividade ten o custo da entrada ao parque acuático (5 euros), que cada participante aboará ao chegar as instalacións.

O xantar e a merenda deben de levalos os propios participantes. Tamén terán que ir provistos de chanclas, gorra, crema solar, toalla e traxe de baño.

A saída suspenderase en caso de mal tempo. Nese caso os inscritos serán avisados con antelación.

Documentos relacionados



Compartir: