PLENO

A Brigada de Vías e Obras iniciará este venres as obras de mantemento nos colexios

26/06/2014 A Corporación celebrou o pleno ordinario do mes de xuño. Entre outros asuntos, o Goberno municipal informou do comezo e da valoración, este mesmo venres, das obras máis urxentes de mantemento dos centros escolares.

A concelleira Reyes Leis explicou, en resposta a un rogo do grupo municipal nacionalista, que a Brigada de Vías e Obras executará estas reparacións máis urxentes, que responden ás prioridades fixadas polos responsables dos centros e ás visitas realizadas aos mesmos polos técnicos de Educación.

Realizaranse pequenas obras ata en 23 centros escolares, a maior parte de importes pequenos, entre 500 e 2.000 euros. Destinarase unha partida duns 70.000 euros para todas estas actuacións.

Á marxe das pequenas reparacións,a obra máis importante deste programa será a da substitución da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento, na que se investirán 70.000 euros. Outras obras inmediatas son as de reparación de diversos desperfectos causados por actos vandálicos na Ludoteca de Fontiñas ou a climatización da Escola Infantil do Polígono do Tambre.

Colaboración co Cluny
Outro dos asuntos tratados foi outro rogo, neste caso do grupo municipal socialista, a propósito do Club Baloncesto Cluny. Reyes Leis indicou que o Goberno municipal estudará as posibilidades orzamentarias de colaboración con este equipo de referencia da cidade, que sufre importantes dificultades económicas.

Compartir: