XUNTA DE GOBERNO

O Concello achega 241.500 euros a 15 entidades sociais da cidade

26/06/2014 A sesión ordinaria da Xunta de Goberno tivo como un dos asuntos da orde do día a aprobación de 15 convenios en favor das entidades e asociacións sociais da cidade, que fan un gran servizo na nosa cidade axudando aos máis desfavorecidos. Estes convenios supoñen unha achega municipal de 241.500 euros.

Aprobáronse convenios coas seguintes entidades: Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, 7.300 €; Fundación Secretariado Xitano, 20.000 €; Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS), 4.600 €; Fundación Andrea de Apoio aos nenos con enfermidades de longa duración crónicas ou terminais, 3.000 €; Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, 4.000 €; Asociación ITINERA de Voluntarios de saúde mental, 2.000 €; Centro Cultural Social Juan XXIII, 3.000 €; Escola de Tempo Libre Don Bosco, 3.000 €; Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, 42.000 €; Asociación Banco de Alimentos Rías Altas, 12.000 €; Convenio coa Asociación de Dano Cerebral Sarela, 2.000 €; Cruz Roja Española, 22.000 €; Cáritas Diocesana de Santiago – Atención Primaria, 70.000 €; Asociación San Vicente de Paúl de Voluntarias da Caridade, 4.600 €; e Cociña Económica de Santiago, 42.000 €.

Documentos relacionados



Compartir: