UMAD

Xornada de celebración do Día Internacional do Skateboard na praza Roxa

25/06/2014 Os mozos e mozas de Compostela celebraron na praza Roxa o Día Internacional do Skateboard. O Concello e Vella Escola organizaron o Go Skateboarding Day, unha xornada de portas abertas destinada á practica e fomento deste deporte urbano. A concelleira Reyes Leis achegouse ata o lugar.

Esta actividade ía dirixida tanto aos practicantes de skate coma ao resto da mocidade que desexaran iniciarse na súa práctica. Para iso, montáronse diferentes ramplas e módulos para patinaxe libre. Ademais, houbo un especialista provisto de material didáctico (patíns e cascos) a disposición da xuventude para poder ensinarlles os fundamentos do skate. Toda a xornada estivo amenizada con música da man do compostelán DJ Cro.

Documentos relacionados



Compartir: