ALCALDÍA

Especialistas de España e Portugal debaten en Santiago sobre a xestión do solo

23/06/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os participantes no VI Congreso Ibérico da Ciencia do Solo, que se celebra en Santiago do 22 ao 25 de xuño.

Especialistas de España e Portugal reúnense na Facultade de Bioloxía para tratar de planificar accións futuras que permitan xestionar de forma sustentable o recurso do solo. O VI Congreso Ibérico da Ciencia do Solo fai especial fincapé nesta ocasión no cambio climático, na función produtiva e ambiental do solo e na difusión e aplicación de coñecementos da ciencia para resolver os problemas da demanda de alimentos e da protección dos ecosistemas.

Promovido polas Sociedades Española e Portuguesa da Ciencia do Solo, o encontro está organizado polo Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Delegación Territorial da SECS en Galicia. Participan nel 140 congresistas e haberá conferencias plenarias a cargo de, entre outros, especialistas da Comisión Europea e de universidades chinas, neozelandesas ou canadenses.

Compartir: