DEPORTES

Santiago de Compostela reúne o mellor do minibasket español nunha jamboree promocional do Mundial 2014

23/06/2014 O Concello de Santiago e a Federación Galega de Baloncesto organizan a I Jamboree de Clubs de Minibasket, que se celebrará do mércores 25 ao sábado 28 de xuño no Pavillón do Restollal. A concelleira Reyes Leis e o presidente da FGB, Francisco Martín, presentaron en rolda de prensa o evento, incluído nos actos promocionais do Mundial 2014, agrupados baixo o lema Galicia 2014. Imos pola Copa.

O torneo reunirá 16 equipos procedentes de diferentes comunidades autónomas, sete femininos e nove masculinos. Dividida a categoría masculina en dous grupos e constituída a feminina nun único grupo, os equipos competirán nun sistema de liguiña durante as xornadas do mércores e do xoves, para logo cruzarse o venres, cando tamén se xogaran as semifinais. O sábado disputaranse as finais.

Os equipos participantes na categoría masculina son: EMDB Castro Urdiales (Cantabria), Marín Peixe Galego (Galicia), Porriño Bto. Base (Galicia), ACD Sagrado Corazón (Estremadura), Bahía San Agustín (Baleares), Colegio Lastra BVM 2012 (Asturias), CD Enrique Soler (Melilla), Bosco Salesianos (Galicia) e CD Mutil Basket (Navarra). Na feminina xogarán: Arxil (Galicia), CDE Baloncesto Selaya (Cantabria), CD Mutil Basket (Navarra), La Academia Celta (Galicia), Peleteiro (Galicia), Sagrado San Antonio (Estremadura) e Baloncesto Femenino León (Castela e León).

Compartir: