CENTROS SOCIOCULTURAIS

Galas de maxia en "Vive o verán"

18/06/2014 Como remate do Obradoiro-escola de maxia infantil, que se desenvolveu nos centros socioculturais do Castiñeiriño e das Fontiñas durante todo este curso 2014 e, tras seis meses de aprendizaxe, os trinta rapaces participantes amosarán todas as habilidades máxicas adquiridas en dúas galas: este xoves 19 no CSC do Castiñeiriño e o venres 20 no CSC das Fontiñas, ás 19:00 horas.

Neste obradoiro, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais, os alumnos, rapaces e rapazas entre os 6 e os 14 anos, aprenderon a poñer en práctica mais de 50 xogos de maxia, así como técnicas con cartas, moedas e outros elementos habituais no mundo do ilusionismo. Tamén desenvolveron aptitudes e capacidades artísticas, psicomotrices e de expresión oral. A actividade foi dirixida polo Mago Xacobe e impartida polos magos Richard e Pedro Bugarín.

Grazas ás dúas galas de fin do curso, os cativos terán a oportunidade de debutar nun escenario e poñer en práctica os seus xogos de maxia favoritos e os coñecementos de exposición oral e interacción co público. Estarán apoiados polos que foron os seus mestres.

A asistencia ás galas de maxia é gratuíta e libre ata completar a capacidade.

Documentos relacionados



Compartir: