ALCALDÍA

Presentado o VII Encontro Internacional de Biotecnoloxía Biospain 2014, que terá lugar en Compostela do 24 ao 26 de setembro

17/06/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou na presentación do VII Encontro Internacional de Biotecnoloxía Biospain 2014, que terá lugar en Compostela entre os días 24 e 26 de setembro. O acto contou coa presenza dos conselleiros de Sanidade, Rocío Mosquera; de Economía e Industria, Francisco Conde; de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.

Biospain, a plataforma de presentación da biotecnoloxía española a nivel internacional, ten lugar cada dous anos. A última edición desta feira tivo lugar en Bilbao e contou con 1.356 inscritos en liña, 1.847 visitantes totais, dos que o 21% foron estranxeiros, e máis de 762 empresas participantes no partnering, sendo unha das feiras máis importantes no ámbito internacional do sector ciencias da vida e converténdose no encontro biotecnolóxico máis importante do sector sur de Europa por número de reunións e de empresas.

Direccións relacionadas



Compartir: