SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local instrúese en técnicas de intervención policial

16/06/2014 Clausurouse no Recinto Feiral de Amio o Curso de Técnicas de Intervención Policial, ao que asistiron os axentes da Policía Local de Santiago. Esta acción formativa actualizou os funcionarios policiais nos últimos protocolo de aplicación en operativos especiais.

A formación continua é fundamental para calquera traballador e empresa, sobre todo se o seu cometido é garantir a seguridade aos cidadáns. Por iso, a Policía Local de Compostela participa cada ano nun plan formativo, organizado polo Concello, no que se imparten cursos sobre diferentes temáticas relacionadas co seu labor diaria. Neste ámbito formativo sitúase o Curso de Técnicas de Intervención Policial celebrado durante unha semana e clausurado este luns.

Foi un curso operativo deseñado co obxectivo de actualizar os axentes policiais nos últimos protocolos de aplicación en supostos especiais da operativa policial, co fin de crear habilidades e que estas se poñan en práctica de forma "experta, discreta e co debido respecto á dignidade humana". Ademais, búscase que os policías, a través dun adestramento encamiñado á resposta policial máis axeitada, potencien o desenvolvemento das aptitudes físico-psíquicas e hábitos que promovan o mantemento físico e a preparación técnica policial. Esta formación específica baséase en técnicas seguras de rexistros de inmobles, de identificación de persoas e vehículos e de operativa policial.

Compartir: