DEPORTES

Santa Isabel acolleu o VII Campionato Galego de Fútbol 7 de Veteranos

15/06/2014 O concelleiro José María Rosende asistiu no Campo Municipal de Santa Isabel á final do VII Campionato Galego de Fútbol 7 de Veteranos, organizado pola Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago.

Outra cita deportiva da fin de semana foi o Campionato Galego de Patinaxe Grupos Show en Segunda División, organizado polo club Campus Stellae e celebrado no pavillón de Santa Isabel. O edil Luis Meijide achegouse ata este evento.

Na xornada do sábado, José María Rosende participara no Pavillón Municipal de Santa Isabel na entrega de trofeos e na sesión de clausura da campaña local de fútbol sala, organizada pola mesma Agrupación.

Compartir: