TURISMO

Exposición sobre A Estrada no Instituto Europeo Campus Stellae

13/06/2014 A concelleira Reyes Leis asistiu á inauguración da mostra A Estrada, as riquezas do noso concello, que se exhibe no Instituto Europeo Campus Stellae (praza da Quintana).

A exposición, que poderá visitarse ata o 18 de xuño, amosa os recursos turísticos da Estrada, a gastronomía, as festas, a artesanía, os produtos ecolóxicos como a sidra ou o sector do moble.

Compartir: