CENTROS SOCIOCULTURAIS

As prazas das "Mañás de verán e de xogo" adxudicaranse mediante sorteo público

13/06/2014 Finalizado o prazo de inscrición nas actividades "Mañás de verán" e "Mañás de xogo", incluídas no programa Vive o verán, todos os grupos foron completados amplamente, polo que a Concellería de Centros Socioculturais comunica que a adxudicación das prazas se realizará mediante sorteo público. Celebrarase o mércores 18 de xuño, ás 13:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

As listaxes de admitidos ao sorteo e excluÍdos poden consultarse xa nos taboleiros de anuncios dos centros socioculturais, na web www.santiagosociocultural.org e nesta mesma web (documento adxunto). O resultado do sorteo farase público o 20 de xuño. Deste xeito, os admitidos poderán formalizar a matrícula a partir dos días 25, 26 e 27 de xuño.

No caso das "Mañás de xogo" previstas no Local Sociocultural de Nemenzo, quedan seis vacantes das 30 ofertadas, que poderán cubrirse a partir do 20 de xuño por rigorosa orde de presentación de solicitudes no CSC de Santa Marta.

Nesta edición de Vive o verán 2014, os centros socioculturais ofertan 210 prazas nas actividades de tempo libre matinais para rapaces e rapazas de distintas idades, con posibilidade de facer uso do horario de conciliación (entrada ás 8:00 e saída ás 15:00 horas) nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta.

Nos dous campamentos organizados polas asociacións veciñais de Figueiras e da Gracia, coa colaboración do Concello, tamén se cubriron as prazas.

Documentos relacionados



Compartir: