NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Entregados os premios do I Concurso de vídeo-creación para centros de ensino

13/06/2014 A concelleira Reyes Leis presidiu a entrega dos premios do I Concurso de vídeo-creación para centros de ensino, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística co fin de promover o uso da lingua galega.

As bases da convocatoria prevían catro categorías para a súa selección por parte dun xurado, que estivo formado por especialistas en lingua e no audiovisual e que contou coa participación do representante comarcal da Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística. Ademais, durante aproximadamente dúas semanas, estivo aberto un evento no Facebook para recoller as valoracións que outorgarían o premio do público.

Como resultado de todo este proceso, os premios, cunha contía de 400 euros, corresponderon a:

- Premio infantil: CEIP A Doblada de Vigo, polo traballo En galego meu mundo é.
- Premio primaria: CEIP López Ferreiro de Santiago, polo traballo Consulta médica.
- Premio secundaria obrigatoria: IES As Barxas de Moaña, polo traballo A árbore (A muller lamprea IV).
- Premio secundaria postobrigatoria: IES As Barxas de Moaña, polo traballo Pocoyo? (I).
- Premio do público: CEIP A Doblada de Vigo, polo traballo En galego meu mundo é.

A Concellería de Normalización Lingüística valora a boa acollida desta primeira convocatoria -á que se enviaron 17 traballos- polo contido duns vídeos que demostran o importante esforzo que se realiza nos centros de ensino, tanto dende o punto de vista pedagóxico como da promoción do idioma, e tamén pola contribución deste premio á difusión de todo este traballo e dos seus resultados, tendo en conta que algunhas das creacións superaron as 1.500 visualizacións contabilizadas.

Compartir: