CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de inscrición para a viaxe ás Illas Cíes do programa "Imos de excursión"

12/06/2014 O martes 17 de xuño, ás 17:00 horas, ábrese o prazo para inscribirse nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión, que nesta ocasión leva por título "Galicia, paraíso natural. Illas Cíes". Realizarase o sábado 12 de xullo.

O programa desta excursión, unha das que maior interese esperta nos usuarios, permitirá aos participantes gozar dunha xornada no fermoso entorno natural das Illas Cíes, con saída en barco desde Vigo e camiñadas de sendeirismo opcionais nas illa. O xantar de picnic ou restaurante correrá por conta dos inscritos.

A excursión ten un prezo de 25 €, incluíndo autobús, barco, seguro e guía.

O programa Imos de excursión 2014 continuará coas actividades no mes de xullo, cunha viaxe á costa biscaíña do 25 ao 27 de xullo.

Documentos relacionados



Compartir: