MEDIO RURAL

O Concello de Santiago repuxo o cableado en todas as zonas habitadas do rural

10/06/2014 O Concello continúa a repoñer o cableado de cobre simultaneamente nas zonas do rural e do casco urbano que se viron afectadas polos numerosos roubos entre finais de 2012 e 1013. A última reposición comezou o 2 de xuño nas zonas habitadas da área rural de Compostela e espérase que en dous meses estean xa todas elas rematadas.

O Concello de Santiago trata de solucionar unha das preocupacións que máis afectaban nestes últimos tempos aos veciños de Compostela, o roubo do cableado de cobre. Zonas como o Camiño de Lois, Ameixaga e Vite (tramo Salvador Bolaño) que se viron afectados polo roubo de conductores aéreos e subterráneos da luz municipal quedando sen o servizo de alumeado están xa repostos mentres que Aríns e O Eixo atópanse en estado avanzado.

Continuarase repoñendoo cableado nas parroquias de Bando, Lavacolla, Marantes, Verdía, Busto, Laraño, Roxos e Figueiras. E no casco urbano comezarase a traballar no entorno de Santa Marta, O Castiñeiriño e Lamas de Abade.

Todas estas actuación comezaron o pasado 2 de xuño e espérase que estean rematadas nun prazo de dous meses.

Compartir: