COMERCIO

O pequeno comercio de Conxo ofrece tres xornadas de descontos

09/06/2014 A asociación de comerciantes de Conxo, Esperta Conxo, organiza a campaña Merca no teu barrio, na que, entre o mércores 11 e o venres 13 de xuño, 15 comercios do barrio ofrecerán descontos de ata o 30% nos seus produtos.

Para a difusión do evento, a asociación distribuirá por diferentes puntos da cidade material informativo, carteis e folletos, no que se listan os establecementos participantes. Ademais, os comercios poderán identificarse por ter alfombras e globos laranxas, a cor da Asociación.

Esperta Conxo é unha asociación comercial que naceu no ano 2012 co obxectivo de dinamizar a vida comercial do barrio, promovendo que non só os seus propios veciños mercasen no seu pequeno comercio, senón que tamén se achegasen veciños doutros barrios de Santiago. A acción destes días de descontos continúa na liña das actividades de artesanía e coches antigos que desenvolveu a Asociación. A intención é comprobar o seu funcionamento, para continuar deseñando novas actividades que contribúan á promoción do pequeno comercio do barrio.

Documentos relacionados



Compartir: