NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

O Auditorio de Galicia acolle a entrega dos premios "Falemos da nosa historia"

06/06/2014 O Colexio compostelán López Ferreiro celebrou a décima edición do seu concurso de redacción Falemos da nosa historia, dirixido a escolares do 3º ciclo de educación primaria e do 1º ciclo da ESO de calquera centro de Galicia.

A concelleira de Normalización Lingüística, Reyes Leis, asistiu no Auditorio de Galicia á entrega de premios da décima edición de Falemos da Nosa Historia, certame de redacción organizado polo colexio compostelán López Ferreiro, pero no que poden participar rapaces de calquera centro de Galicia. O obxectivo deste certame é descubrir a nosa historia a partir de ditos, refráns, modismos, lendas..., de xeito que os nenos e as nenas participantes teñan que facer unha pequena investigación histórica a través de libros, enciclopedias, internet e outros medios. E tamén preguntando na súa casa aos seus ascendentes.

Esta décima edición organizouse arredor do tema "Pedro Madruga", a partir do cal os alumnos e alumnas deberon descubrir a orixe desta personaxe da historia galega. As redaccións tiñan unha extensión máxima de tres folios, escritos a man y por unha soa cara. Podían acompañarse tamén de ilustracións gráficas. Un xurado elexiu as tres mellores redaccións presentadas ao concurso, que se acreditan cun diploma. Os premiados recibiron tamén unha cerámica e os agasallos cos que colaboran o Concello de Santiago e as Fundacións Nova Caixa Galicia e Barrié de la Maza.

O primeiro premio foi para Clara Novoa Otero, do colexio compostelán Nosa Señora dos Remedios. En segundo lugar quedou a redacción de Fabiola González, do CPI de Viaño Pequeno, do Concello de Trazo. E o terceiro posto foi para Jesús Espiña Ruiz, do colexio San Jorge, de Santiago.

Compartir: