ALCALDÍA

O alcalde agradece en nome da cidade o compromiso de S.M El Rey con Santiago

02/06/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, agradece, en nome da cidade, o apoio e compromiso que mostrou a súa maxestade D. Juan Carlos I con Santiago de Compostela a través do Real Padroado.

Ángel Currás salientou a sensibilidade coa cidade e a súa presenza constante, así como o compromiso do S.M El Rey con Santiago. Tamén o apoio e a proxección internacional que deu ao Camiño e manifestou o seu agradecemento por telo nomeado en dúas ocasións como oferente real, no Apóstolo e na Traslación. O rexedor compostelán amosouse seguro de que o rei Felipe VI seguirá o "Camiño" que trazou seu pai.

O rexedor da capital galega quixo ter unha lembranza especial para un rei que levou a España da dictadura á democración e salientou a súa aportación á Constitución Española do 78. No papel institucional , destacou a proxección que El Rey fixo de España en Europa e no mundo.

Compartir: