ALCALDÍA

O Concello participa no XX Aniversario do ascenso do Compostela a 1º División

01/06/2014 O alcalde santiagués, Ángel Currás, achegouse ao Estadio de San Lázaro para conmemorar a data do ascenso a Primeira División do Compostela.

A festa conmemorativa do 20 aniversario do ascenso da SD Compostela á liga das estrelas no Carlos Tartiere iniciouse onte coa celebración dun partido amigable entre os, por aquel momento, xogadores da SD Compostela e os do Rayo Vallecano revivindo a máxica data en terras asturiás.

O alcalde, que xa recibira os integrantes do plantel compostelán o pasado venres 16 de maio para felicitalos polo bo remate de tempada na volta do Compostela á Segunda División B, quixo participar na homenaxe aos heroes que hai 20 anos conseguiron colocar a cidade de Compostela no máis alto do fútbol español.

Compartir: