PLENO

O cumprimento do Plan de Axuste permitíu en 2014 reducir a presión fiscal do IBI

28/05/2014 O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria do mes de maio, tomou en coñecemento varios asuntos de carácter financeiro, entre eles a liquidación do orzamento de 2013 ou o seguimento do Plan de axuste.

Nesta sesión do mes de maio deuse conta ao Pleno de varios asuntos económicos: a liquidación do orzamento de 2013, do informe de morosidade do ano pasado e do primeiro trimestre de 2014, así como do marco orzamentario do Concello para os anos 2014-2017.

Tamén se deu conta da documentación remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas correspondente ao primeiro trimestre do exercicio de 2014, relativa ao seguimento do Plan de Axuste.

Neste sentido, o bo comportamento das magnitudes económicas financeiras e orzamentarias, cun remanente líquido de tesorería consolidado en 2013 que ascende a 5.597.798,42 €, fronte ao previsto no Plan de Axuste de 3.040.290,29 € permitíu en 2014 reducir a presión fiscal do IBI e incrementar os gastos de inversión, financiados en parte cunha operación de endebedamento de 6 millóns de euros.

Deste xeito, segue garantizándose o cumprimeto do Plan de Axuste porque a tendencia das cifras se sitúan en niveles positivos, desmarcándose dos números vermellos de etapas anteriores.

Noutra orde de cousas, deuse conta da renuncia do concelleiro Adrián Varela e aprobouse un crédito extraordinario que permitirá executar as fases quinta e sexta de arranxo das vías e as beirarrúas no Ensanche.

Compartir: