NORMALIZACÓN LINGÜÍSTICA

Normalización Lingüística colabora nunha nova edición do maratón de lectura da Fundación Granell

28/05/2014 Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis o Museo Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura. Ao acto asistiu a concelleira Rebeca Domínguez.

Este ano, con motivo da celebración do centenario da publicación da primeira edición de "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez, o Museo Fundación Eugenio Granell quere sumarse á devandita celebración dedicándoo o maratón de lectura, dada a importante vinculación de Juan Ramón Jiménez con Eugenio Granell.

O acto comezou as 11.00 h ata 14.00 h tamén en horario de tarde de 17.00 h a 20.00 h, a Fundación celebra este acto animando a todo aquelas persoas que o desexen a escoitar ou participar lendo algún fragmento da obra seleccionada.

Obradorio de Celso Emilio Ferreiro.
A concelleira ademáis participuo no obradoiro que se celebrou no IES Pondal que se dedica a Celso Emilio Ferreiro. Unha curtametraxe e un posterior taller e coloquio sobre a vida e obra do escritor galego "Celso Emilio Ferreiro, o poeta da vida".

Esta actividade súmase ao conxunto de actividades que a concellería de Normalización Lingüística programou para a celebración do Día das Letras Galegas.

Compartir: