XUVENTUDE

O Centro Sociocultural do Ensanche acolle unha nova actividade de formación laboral da Concellería de Xuventude

26/05/2014 A concelleira Rebeca Domínguez asistiu esta tarde no CSC do Ensanche ao inicio do curso de preparación de entrevistas de traballo, unha actividade que organiza o seu departamento e que continúa co calendario de actividades formativas que se presentou para os meses de febreiro e xullo.

A formación laboral é outro dos eixes dentro das 15 accións formativas que oferta o departamento de Xuventude. Por iso, depois do Curso de Coaching Laboral que se impartiu os días 7, 14 e 21 de maio, no CSCXM do Ensanche, nesta ocasión tamén no Ensanche, deu comezo o Curso de Preparación de Entrevista de Traballo, co obxectivo de mellorar as habilidades que entran en xogo á hora de enfrontarse a unha entrevista laboral.

A actividade comezou esta tarde ás 16:00 horas e continuará o próximo mércores 28 de maio de 16:30 a 21:30 horas e está dirixida a mozos e mozas maiores de 16 anos. Trátase de determinar os seus puntos fortes e febles para que, a partir do autocoñecemento, poidan desenvolverse con éxito nunha entrevista laboral.

Esta xornadas súmanse ao calendario de actividades formativas que a Concellería de Xuventude ten programadas para os meses de febreiro a xullo.

Compartir: