DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Realizadas as probas de paso dos autobuses na rúa Coímbra

23/05/2014 A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presenciou as probas de paso dos autobuses urbanos pola rúa Coímbra. Esta medida obedece ao peche das rúas Basquiños e Pastoriza para a súa remodelación.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de tres de abril, adxudicou varias obras no ámbito de actuación do programa Urbana Norte, entre elas as obras do proxecto de acceso ás zonas altas da Almáciga, ámbito das rúas Basquiños-Pastoriza, á empresa ALCOMTE GALICIA S.L. por un importe de 384.780,00 € e un prazo de execución de 6 meses.

Para a execución dos traballos é preciso pechar ao tráfico as rúas Basquiños e Pastoriza e, polo tanto, faise necesario estudar as distintas alternativas para o paso dos autobuses urbanos. Unha das opcións é desvialos pola rúa Coímbra.

Compartir: