DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello investiu máis de tres millón de euros para obras no rural nos anos 2013 e 2014

23/05/2014 A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, e o concelleiro de Medio Rural, departamento incluído na devandita área, Luis Meijide, presentaron os proxectos que se financiarán con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para o ano 2014, continuando así os investimentos para o rural, que nos anos 2013 e 2014 sumaron máis de tres millóns de euros.

Con cargo ao POS 2014, cuxo inicio do expediente de licitación irá á Xunta de Goberno ordinaria da vindeira semana, o Concello investirá 553.615, 73 euros en dous proxectos: o acondicionamento e mellora de 17 pistas no rural por importe de 508.320,32 euros e o proxecto de renovación de pavimentos da rúa Rapa da Folla, actuación solicitada por Cogami na que se investirán 45.295,41 euros.

Coas baixas que se obteñan nas licitacións anteriores, o Goberno acometerá a substitución da rede de abastecemento no lugar de Bornais (148.776,89 euros) e o acondicionamento de catro pistas nas parroquias de Barciela, Berdía e Conxo (94.093,65 euros).

1. Proxecto de acondicionamento e mellora de pistas municipais nas parroquias de Santa Cristina de Fecha, San Xoán de Fecha e outras
Trátase do proxecto principal do POS 2014 grazas ao cal se arranxarán 37 pistas de 17 parroquias, chegando a un total de 82.878 metros cadrados. Deste xeito verán melloradas as súas vías os veciños de San Xoán de Fecha (pista, Roán, Lamascal-Fecha e Lamascal-Ponte Vilar); Grixoa (pistas Grixoa-Miramontes e Grixoa-Marzo); San Caetano (pista A Gracia-Escarabuña); A Peregrina; Berdía (pista Chaián-Insuas e pista Lobra); Nemenzo (Nemenzo de Arriba, Paradelas e Os Muíños); Busto (Currais, O Castro-Vilariño e Vilariño); Marantes (os Mallos, Gosende e Cortos); O Carballal (pista Tarrío); O Eixo (Bornais e Bornais-Uceira); Marrozos (Igrexa, Sixto e Corexo); Sabugueira (Lavacolla-Castiñeira e Lavacolla-Correos); Bando (Bando-campo de fútbol); Aríns (rúa da Pena, Sobríns, Dios Diante e Vilacoba); Villestro (Pousada, feáns, Pedrido e Barcia); e Laraño (pista Loimil).

Estas obras consistirán basicamente nos seguintes puntos:
- Reparación de panos completos en todo o ancho de tramos de calzada, para garantir a seguridade e comodidade do tráfico rodado.
- Obras complementarias ás principais, que poidan incrementar o nivel de seguridade e comodidade dos viais reparados ou que poidan alongar a súa vida útil, coma limpezas de cunetas, reposición de taxeas, reposicións de tubaxes ou arquetas deterioradas polo seu uso….
Tendo en conta as características específicas e a índole dos traballos a executar, establécese un máximo de 4 meses.

2. Proxecto de renovación de pavimentos da rúa Rapa da Folla
Neste caso renovaranse as beirarrúas e a calzada de Rapa da Folla, para adaptar a rúa á normativa de accesibilidade, actuación que solicitara Cogami pola dificultade para desprazarse en cadeira de rodas.

Deste xeito procederase á demolición completa da beirarrúa e reposición da mesma con baldosa tipo terrazo nova, e á execución completa da beirarrúa entre Rosalía de Castro e Carreira do Conde. Tamén se adecuarán as beirarrúas e os seus contactos con calzadas ou edificios á normativa de accesibilidade vixente, con substitución de bolardos e alcorques.

O prazo de execución desta actuación será de 5 semanas e segundo indicou a edil María Pardo, espérase iniciar o procedemento de contratación destas duas obras esta misma semana. No primeiro caso, trátase dun procedemento aberto por razón da cuantía. No segundo, dun menor. Unha vez adxudicados, procederase a licitar, con cargo ás baixas que poidan producirse, dous proxectos adicionais:

3. Substitución da rede de abastecemento no lugar de Bornais
O obxectivo é solventar o aumento de caudal na rede de abastecemento de auga no lugar de Bornais. Nos últimos anos, nesta zona houbo un incremento poboacional importante, polo que as instalacións existentes preséntanse insuficientes. A solución consiste na substitucón da canalización de PE de 63 mm de diámetro existente en dita zona, por outra de PE de 110 mm de diámetro, o que aseguraría unha diminución da velocidade de circulación do fluído na tubería, debido ao aumento da sección da mesma. Todas as canalizacións irán enterradas en zanxa, recheas con material procedente da escavación o con solo seleccionado, compactado. O prazo de execución para a realización das obras estímase en 4 meses.

4. Proxecto de acondicionamento de pistas municipais nas parroquias de A Barciela, Berdía e Conxo
O deterioro dos viais obxecto deste proxecto é consecuencia tanto das inclemencias meteorolóxicas como do desgaste ocasionado polo tráfico de vehículos. Isto unido á necesidade de obter accesos máis axeitados, fan recomendable as actuacións previstas as cales redundarán en beneficios da seguridade e comodidade dos usuarios. Realizaranse as seguintes actuacións (todas elas cun prazo de execución de catro meses):

Pista Barciela-Camiño de Santiago: A mellora neste vial consta do acondicionamento da explanada existente con operacións de nivelación e rasanteado, con aporte de material seleccionado e da estensión dunha explanada granular de zahorra artificial de 15 cm de espesor. Tamén se fará unha limpeza das cunetas e taxeas existentes en toda a lonxitude do tramo.

Pista refuxio de pescadores: acondicionamento da explanada existente con operacións de nivelación e rasanteado, con aporte de material seleccionado e da extensión dunha explanada granular de zahorra artificial de 15 cm de espesor. Ademáis executaranse dúas taxeas escavando unha gabia ao largo da cuneta de 80 cm de ancho e 1,5 metros de profundidade, en cada unha das cales se colocará un tubo de PVC de 400 mm de diámetro, colocado sobre soleira de formigón e recuberto do mesmo material. Por último, farase unha limpeza das cunetas e taxeas.

Pista Caluga, pista da Lobra e Pereiras, e pista de Cruxeira: nestas tres pistas o traballo consistirá na mellora das partes deterioradas con macádam e tratamento semiprofundo para despois aplicar en todo o tramo un dobre tratamento superficial e un rego de selado con emulsión. Ademais realizarase a lilmpeza da cuneta existente en parte da lonxitude do tramo.

Compartir: