ALCALDÍA

O alcalde asiste á presentación do libro de Cándido Pazos

21/05/2014 O escultor Cándido Pazos presentou o seu novo libro no Hostal dos Reis Católicos, acto ao que asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás.

O libro leva por título Códice Calixtino en los Caminos de Santiago. Ademais do rexedor de Santiago, o escultor estivo acompañado polo deán da Catedral, Segundo Pérez e o director xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez. Pazos é o autor da escultura de Bieito XVI ubicada nas Cancelas.

Compartir: