TURISMO

Top Chef trasládase a Santiago de Compostela

21/05/2014 Turismo de Santiago colabora co programa de cociña, que na súa primeira temporada tivo unha audiencia media de tres millóns de persoas, para promocionar a cidade como destino gastronómico. O programa contará coa incorporación como xurado do cociñeiro galego cunha estrela Michelin Yayo Daporta.

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Reyes Leis, presentou a colaboración de Turismo de Santiago co programa de Antena 3 Top Chef, que grabará varias probas da segunda temporada do concurso en espazos emblemáticos da cidade: o Mercado de Abastos, a Praza do Obradoiro e Hostal dos Reis Católicos. Reyes Leis estivo acompañada do director de Top Chef, Javier Llanos, e o cociñeiro galego cunha estrela Michelin e novo xurado do programa, Yayo Daporta.

Reyes Leis apuntou que a colaboración con Top Chef parte da audiencia que tivo o programa no ano pasado, que se situó nunha media de preto de tres millóns de persoas. A colaboración ten dous obxectivos, por unha banda promocionar a gastronomía de Santiago como un dos grandes atractivos da cidade, e por outra dirixirse cunha acción de impacto directo ao mercado español, nun momento no que se prevé unha recuperación da demanda turística.

A colaboración tamén resposta á iniciativa de Top Chef para promocionar Galicia e a súa gastronomía, aproveitando a participación de Yayo Daporta, un dos grandes chefs galegos e membro do xurado nesta nova etapa do programa. Yayo Daporta, embaixador da gastronomía galega, únese así aos outros dous membros do xurado Alberto Chicote e Susana Díaz. Estes tres grandes restauradores serán os encargados de valorar as recetas que elaboren os participantes.

Top Chef tivo unha media de 2.937.000 espectadores e un 17,8% de cuota de pantalla na súa primeira temporada. O talent culinario alcanzou o seu máximo histórico na súa gran final, onde máis de 3,8 millóns de espectadores e un 23,9% de share viron a Begoña convertirse na gañadora da primeira edición. Con ese dato, o espazo de Antena 3 convertiuse no talent culinario máis competitivo durante as 12 entregas da súa emisión.

Alberto Chicote
Famoso pola súa participación no exitoso Pesadilla en la Cocina (laSexta), o seu nome tense convertido en sinónimo de esixencia máxima e bó facer na cociña. Alberto Chicote é un dos pioneiros en misturar a cociña tradicional coas técnicas máis novidosas e o seu talento foi recoñecido con numerosos galardóns. Comezou a estudar hostelería aos 17 anos e pronto empezaría a traballar cos mellores restaurantes de Madrid: ‘Lúculo’, ‘Sibaris’ e ‘La Recoleta’.
Tras o seu periodo de formación, dirixe a cociña de ‘El Cenachero’, onde pon en marcha a súa etapa máis clásica. Tres anos máis tarde abriu ‘Nodo’, un proxecto para fusionar a cociña española e a zaponesa e que lle otorgou o seu recoñecemento como chef. Despois compaxina a coordinación de Nodo cun restaurante que sigue a mesma liña, ‘Pandelujo’, ao que o suplemento de ocio e tendencias de El Mundo, "Metrópoli", lle concedeu o premio ao Mellor Restaurante do ano en 2010. En 2006, a asociación madrileña de restaurantes e cafeterías lle otorgou o premio ao Mellor Cociñeiro do ano.

Yayo Daporta
Naceu en Cambados en 1975. É un dos cociñeiros máis xóvenes con Estrela Michelin. Estudiou durante dous anos na Escola de Hostelería de Santiago de Compostela. Tras adicarse unha longa temporada ao negocio familiar de producción de mariscos, tivo a oportunidade de comezar a traballar en ‘Casa Solla’, onde espertou nel a curiosidade pola cociña de vanguardia e descubriu a súa verdadeira vocación. A partires de ahí pasou por outros grandes restaurantes como ‘Alejandro’, en Almería, e ‘El Amparo’, en Madrid, ata terminar inaugurando o seu propio restaurante. O restaurante ‘Yayo Daporta’ abriu as súas portas no casco histórico de Cambados en 2005 e conta cunha estrela Michelín dende 2008. A súa cociña defínese como cociña galega actualizada e está situada na primeira líña da restauración galega.

Yayo Daporta é membro d Grupo Nove, unha asociación con máis de 20 cociñeiros galegos que traballan en rede para promocionar a cociña galega apostando pola cociña de vanguardia, sempre elaborada con produto galego de calidade. Tamén colaborou no libro "Rías Baixas, Territorio gastronómico", galardonado co premio Gourmand, Best in The World, ao mellor libro de gastronomía local do mundo, e forma parte do grupo running chefs xunto a outros cociñeiros amantes do deporte.

Susi Díaz
Susi Díaz, unha das poucas mulleres con Estrela Michelin en España, é a propietaria e chef do restaurante ‘La Finca’, en Elche. Dende moi pequena estivo unida á cociña grazas as súas avoas, pero nunca estudiou nunha escola de hostelería. Sendo autodidacta, o seu traballo e esforzo levárona a conseguir o respeto dos seus compañeiros y as distincións máis destacadas do gremio, entre as que tamén se atopan dous soles Repsol. Na súa cociña nada escapa ao seu control.

A súa cociña defínese polo uso de produtos locais, traballo que desenvolve no seu restaurante dende hai máis de 30 anos. Na súa carta non falta os pescados e mariscos, e tamén as frores que cultiva no seu propio xardín. A creatividade e a innovación sempre están presentes nas súas propostas.

Compartir: