FESTAS

A Orquestra Compostela celebra este mércores o seu 95 aniversario no Teatro Principal

20/05/2014 Mañá, mércoes 21 de maio, a ORQUESTRA COMPOSTELA celebrará o seu 95 aniversario cunha gala no Teatro Principal ás 21.00 h. na que contará con invitados que formaron parte da súa historia, tan vinculada coa nosa cidade levando o seu nome por todo o mundo.

Na gala de mañá presentarán tamén o seu último traballo, un novo disco no que se inclúe un tema dedicado a Santiago.

A entrada é de balde e poderanse retirar as invitacións na billeteira do Teatro Principal a partir das 18.00 h.

Este evento conta coa colaboración do Concello de Santiago, Concellaría de Festas, que tamén rinde homenaxe á orquestra, xa que é a primeira que actuará nas Festas da Ascensión, concretamente o día 28 na Alameda.

Presentadores: Pilar Varela y luis Rial.
Co-presentador: Santiago Losada.
Invitados:
• Miguel Torres
• Tito Calviño
• Enrique Miramontes
• Manuel Ramón
• Daniel Villar
• Manuel Freire

Temas de la gala:
• Popurrí de Mocedades (6,10’)
• Duetos (5,09’)
• A Santiago (3,36’)
• Sendas del Viento (3,48’)
• Amiga traidora (2,53’) – Secretos (2,59’)
• Bajo la Lluvia (4,04’)
• Popurrí de Valses (7,32’)
• De Festa (3,23’)
• Cumbias 2014 (7,14’)
• De Donde (4,00’)

Compartir: