MEDIO RURAL

Últimas adxudicacións para completar as obras no rural do POS 2013

19/05/2014 O concelleiro de Medio Rural, departamento incluído na Área de Desenvolvemeto Urbano Sostible, Luís Mejide, informou en rolda de prensa sobre as últimas obras que se van a realizar no rural de Santiago dentro do POS 2013.

Un total de 97.479 euros son os que a concellería de Medio Rural investirá nas últimas obras que servirán para mellorar o estado de diversas pistas do rural e das que os veciños solicitaron reitaredamente o seu arranxo.

Estas melloras levaranse a cabo en Son de Abaixo, cun custo de 22.474 euros, outra intervención en Castro-Bando por un importe de 33.667 euros e finalmente unha en Cesar-Berdía por un importe de 41.338 euros.

Estas obras son as últimas do POS 2013 xa que o resto de intervencións con este plan xa foron executadas. Tan só están pendentes o saneamento de Sarela de Arriba, que necesita da autorización de Augas de Galicia, e unha pista no Eixo que está pendente do permiso de Patrimonio da Xunta.

Con estas actuacións rematan todas as que se prevían no rural en 2013 e para o que se contaba cun presuposto de 1.417.000 euros. En 2014 o Concello ampliará esa cifra e investirá no rural 1.594.000 euros, dos cales 300.000 serán para rebacheo e 200.000 euros para tarefas de desbroce. O que se busca é axilizar a reparación destas obras no menor período de tempo posible. Mentres estas partidas non estean aprobadas habilitaranse outras de menor cuantía (de 20.000 euros para desbroces e 50.000 para baches) para arranxar os problemas máis urxentes.

Novo proxecto para o rural
Ademais o concelleiro Luis Meijide adiantou que dende a súa concellería estase a traballar nun novo proxecto: un "Cinturón Verde de Santiago", que ten como obxectivo axudar a formar cooperativas ou microcooperativas coas que potenciar e darlle saídas aos productos da zona e ao mesmo tempo convertirse nunha fonte de ingresos para o medio rural.

Compartir: