BENESTAR SOCIAL

O edificio Cersia acolle unha nova xornada formativa contra a violencia de xénero

15/05/2014 A concelleira María Castelao asistiu a unha nova xornada das charlas informativas que organiza a Área de Benestar Social enmarcadas no III Plan de Igualdade. Comezaron o pasado mes de abril e continuarán durante maio e xuño.

As xornadas comezaron ás 08:30 horas no edificio Cersia coa intervención da xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Santiago, Ana Rodríguez Piorno, quen abordou a temática da violencia de xénero no ámbito xudicial galego.

Estas charlas teñen como obxetivo fomentar a reflexión e motivación dos profesionais con ámbito de actuación no municipio de Santiago sobre un tema tan sensible como a violencia de xénero.

Para este mes de maio está previsto que continúen coas ponencias, o día 20, María Isabel Pereira Calviño, psicóloga Clínica do hospital Clínico universitario de Santiago de Compostela, que se centrará nas situacións de dependencia e permanencia: a relación da muller coa violencia de xénero e colectivos especialmente vulnerables; e o 27 de maio rematará o mes María Isabel Graña Garrido, coordinadora autonómica de violencia de xénero e saúe, falando sobre a violencia de xénero no eido da saúde.

As xornadas finalizarán en xuño os días 5, 12 e 19 con novas formas de relación entre mozos e mozas no sistema educativo; a Xunta de Galicia: Recursos básicos e novidades e xustiza e familia: garda e custodia

Compartir: