ALCALDÍA

Fomento licitará este mes a ampliación da AP-9 ao seu paso por Santiago

12/05/2014 A ministra de Fomento, Ana Pastor, fixo este anunciou no transcurso do almorzo informativo organizado por "Fórum Europa.Tribuna Galicia" ao que asisitu o alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado por varios concelleiros.

A titular do Ministerio de Fomento anunciou que este mes de maio o seu departamento sacará a licitación as obras de ampliación da Autopista do Atlántico (AP-9) na circunvalación da capital galega. Así mesmo, Ana Pastor salientou que os traballos se porán en marcha en breve prazo.

A ministra tamén aproveitou para indicar que outra das obras demandas na cidade, a do túnel de Conxo, será adxudicada este mes.

Compartir: