NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

Continúan as actividades do programa "En galego con todas as letras"

12/05/2014 O Auditorio de Galicia acolleu unha nova actividade ofertada polo departamento de Normalización Lingüística coa qu see pretende homenaxear a Xosé María Díaz Castro, autor protagonista do Día das Letras Galegas. Asistiu a concelleira Rebeca Domínguez.

A sala Mozart do Auditorio foi o escenario elixido para a representación de "Un paso (sempre) adiante", un recital dramatizado en torno á figura e á obra de Díaz Castro dirixido ao alumnado dos centros de ensino secundario do IES Eduardo Pondal, Compañía de María, La Salle e IES Xelmirez II.

Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo (músicos) e Serafín Marcos (actor) foron os encargados de achegar e homenaxear a Díaz Castro cunha dramatización e un concerto dirixidos especialmente ao alumnado de estes catro centros.

Esta actividade súmase ao espectáculo musical sobre a figura de Rosalía de Castro que ofreceu o grupo ARTIXTAS do bacharelato de artes do IES Antonio Fraguas o pasado venres día 9 de maio.

Compartir: