COMERCIO

A axenda de "Estrea Estilo!" para o domingo contará con actividades durante todo o día

09/05/2014 Durante a acción, promovida pola Concellaría de Comercio de Santiago de Compostela, presentaranse as coleccións primavera-verán dos comercios da cidade nos espazos interiores e exteriores do Pazo de San Lourenzo.

O domingo 11 de maio ás 12:30h. o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados de Santiago de Compostela, Reyes Leis, visitarán o Pazo de San Lourenzo para abrir a xornada de dinamización comercial Estrea Estilo! promovida polo Concello de Santiago de Compostela.

Durante a acción presentaranse as coleccións primavera-verán dos comercios participantes na iniciativa no salóns, claustro, e xardíns do Pazo de San Lourenzo, que por un día abrirá gratuitamente as súas portas para que os visitantes poidan coñecer, probar e comprar as novidades de tempada.

A actividade desenvolverase en horario de 11h a 21h e a ela concurrirán trinta e oito comercios pertencentes a diferentes barrios de Santiago: A Balea Violeta, A Reixa Tenda, A tetería de Rose Bakery, Allegra, Améndoa, Celme, Como pez en el agua, Core Surfing, Dándara, El taller de Fer, El Vestidor de Alicia, Equisol, Fillos da Malte, Floristería Embora, Freesite, Kiedis, La Reina de Saba, LIOLIO, Locapormí, Lunares en Mayo, Maná Malú, Mokasu, Mundaka World, Na Lúa, Núa Moda, Óptica M&S, Óptica Pontecastro, Óptica Tábora, Patucos&Co, Pecados de Compostela, Queroté, Severino, Simplemente Luna, The Perfect Shoe, Trigonella ,VIDE-VIDE! e Zapatos MIC MIC.

Durante a xornada Estrea Estilo!, ideada como unha gran festa do comercio compostelán á que se poderá acceder no tren lanzadeira que sairá da Praza de Galicia ata o Pazo, actuará a banda de folk, indie-pop Caxade ás 13h, o grupo de indie-pop When Nalda become punk ás 17:30, e a formación de synthpop Belöp ás 20h.

Ademáis destes concertos en directo, unha DJ amenizará musicalmente a actividade nos xardíns do Pazo, nos que se realizarán coroas florais, degustacións gastronómicas e sorteos de agasallos patrocinados polos comercios participantes ademais dun obradoiro de coroas florais. Os máis cativos poderán gozar dun inchable, así como do servizo de gardería-ludoteca no exterior do edificio, e os visitantes que efectúen compras durante o día terán acceso a unha sesión de beleza exprés de balde na mesma localización.

Documentos relacionados



Compartir: