SERVICIOS SOCIAIS

Comezou a terceira campaña de recollida de cueiros

08/05/2014 O partido que o Multiusos Fontes do Sar albergou entre o Río Natura Monbus e o Cajasol foi o comezo da terceira edición da "Operación Cueiro", posta en marcha pola Área de Servizos Sociais do Concello de Santiago e dirixida pola concelleira María Castelao.

Durante a xornada o club santiagués habilitou un espazo no que todos os afeccionados puideron depositar a súa achega solidaria en forma de paquetes de cueiros, coa intención de axudar a familias en situación de extrema necesidade.

A recollida de cueiros continuará durante varios días en todos os centros socioculturais da cidade, na propia Concellaría de Benestar Social, na Casa das Asociacións de Benestar Social e na Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes, así como no Multiúsos e en Santa Isabel.

Compartir: