XUVENTUDE

O Centro Sociocultural do Ensanche acolle diversas actividades da concellería de Xuventude

07/05/2014 A concelleira Rebeca Dominguez asistiu esta tarde no CSC do Ensanche a dúas actividades que organiza o seu departamento. Nesta ocasión foi o turno para o coaching laboral e un obradoiro de xabróns decorativos.

A formación laboral é outro dos eixes dentro das 15 accións formativas que oferta o departamento de Xuventude. Por iso, unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que perderon o seu posto de traballo, a motivación no profesional ou que queren acceder por primeira vez a un entorno laboral é participar no Curso de Coaching Laboral que se iniciu esta tarde e que se impartirá os mércores 7, 14 e 21 de maio, de 16:30 a 20.30 horas, no CSCXM do Ensanche.

Tamén no Ensanche as 18:15 horas, a concelleira participou no obradoiro de elaboración de xabróns decorativos, onde se ensinou aos participantes a facer xabóns artesanais, utilizando elementos como flores secas, herbas aromáticas, purpurinas, etc.

Estas dúas actividades están dentro do calendario de actividades formativas que a Concellería de Xuventude pon en marcha para os meses de febreiro e xullo.

II Concurso de proxectos de publicidade en galego
Ademáis a concelleira Rebeca Domínguez, asisitiu as 20:30 horas na Cámara de Comercio á xuntanza informativa sobre o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego para resolver todas ás dúbidas sobre a participación neste certamen.

Unha cita na que participarou Isabel Vila, gañadora da anterior edición, que ofreceu de primeira man a súa experiencia no concurso.

Compartir: