DEPORTES

Raxoi recibe ao Santiago Futsal

06/05/2014 O equipo santiagués visitou o Pazo de Raxoi onde foi recibido polo alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, con motivo da súa proclamación como gañadores da Copa Xunta de Galicia.

A Coporación Municipal do Concello de Santiago acolleu esta mañá ás 13:00 horas no Salón Nobre ao recente campión da Copa da Xunta despois de gañar o pasado xoves ante o Burela fs. Un trofeo que o Santiago Futsal recibe por sexta vez.

Tanto o alcalde Ángel Currás como o concelleiro Adrián Varela quixeron felicitar a todo o plantel santiagués polo logro conseguido, que supón un novo éxito deportivo para a cidade de Compostela.

Por la tarde, xogadores e corpo técnico xogarán o tradicional partido de fútbol campo no Campo do Sergas a partir das 17h e pola noite despedirán a tempada cunha cea antes de ir de vacacións.

Compartir: