CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo para participar na excursión ao Bierzo, Villafranca e As Médulas

05/05/2014 O martes 6 de maio, a partir das 17 horas, ábrese o prazo para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión. Neste caso trátase de descubrir o Bierzo, saída prevista para o sábado 24 de maio.

O programa da excursión achegará aos participantes ata a Aula arqueolóxica das Médulas, desenvolvendo unha visita guiada de 2 horas (lémbrase a importancia de levar calzado comodo) pola senda das Valiñas (As Médulas) e finalizando a xornada cun paseo pola localidade de Villafranca del Bierzo.

A excursión ten un prezo de 25€(inclúe o transporte, seguro, guía e xantar concertado en Ponferrada)

Información e inscrición nos centros socioculturais.
www.santiagosociocultural.org

Documentos relacionados



Compartir: