DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Compostela solidarízase coas vítimas do conflito bélico do Líbano

02/08/2006 A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou unha declaración institucional, na que se solidariza coas vítimas da loita entre Israel e Hezbolá no Líbano. No texto, condénanse as accións violentas do exército israelita no sur deste país, consideradas como un atentado aos dereitos humanos, e demándase o cese das hostilidades na zona.

A declaración tamén se solidariza con Palestina e pide o cese da violencia nos territorios ocupados, así coma o dereito dos seus cidadáns a vivir en paz nun Estado independente. Finalmente, reclámase a intervención das Nacións Unidas no Líbano e a mediación da Unión Europea para garantir a estabilidade nestes territorios.

Documentos relacionados



Compartir: