PARTICIPACIÓN CIDADÁ

O Concello colabora coas festas patronais de todos os barrios e parroquias

02/05/2014 Case medio cento de asociacións de veciños contarán coa colaboración da Concellería de Festas na dinamización das súas festas patronais. Todas as que o solicitaron.

Dezaoito corresponden a festas nas parroquias do rural e o resto nos barrios. As actividades máis requiridas foron os parques infantís (inchables, touro mecánico, karts, casiña de bolas ou futbolín humano), trinta e dúas solicitudes, seguido de cinco pasarrúas-charanga e cinco grupos de música tradicional.

Para este ano as asociacións elixiron entre varias opcións: xogos populares (un conxunto de xogos formado polos bolos, chave, tiro da corda, chapas, trompos, canicas, rá, petanca, carreiras de rodas e carreiras de sacos), grupo de música tradicional, actuación dunha coral, parque de xogos (para elixir dous entre: inchable, touro mecánico, futbolín humano ou cars a pedais), parque de inchables por idades (casiña de bolas, inchable de saltar, futbolín humano), pasarrúas realizado por unha charanga ou festa da espuma durante unha hora.

Esta axuda para as asociacións de veciños retomada por este goberno, mantense nos números do ano pasado, o que é moi indicativo do moito interese que ten para os veciños e tamén da aposta decidida da Área de Participación Cidadá en satisfacer as demandas destas entidades.

Compartir: