PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Cita co programa Imos ao Baile 2014 o sábado 3 de maio

30/04/2014 Comeza o mes de maio cunha nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas Concellarías de centros socioculturais e de participación cidadá

A cita será o sábado 3 de maio a partir das 17.00h na Casa das Asociacións de Cornes. Amenizará a sesión o grupo Glamour.

Lembramos que a participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo do salón do Casa das Asociacións.
Casa das Asociacións de Cornes
Rúa de Manuel Beiras 3,
Teléfono 981 542 350

Próximo baile, sábado 24 de maio ás 17.30h no Csc Sta. Marta. Pódese consultar o calendario do programa en:
www.santiagosociocultural.org

Compartir: