ALCALDÍA

O alcalde pide á FEMP que emita ditame e faga seguimento do Anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial

29/04/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, interviu no Consello territorial da Federación Española de Municipios, a quen lle solicitou un seguimento do Anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial.

Na súa intervención solicitou que a FEMP coñeza as incidencias que afectan aos diferentes concellos e referiuse á situación particular da Capital de Galicia. O rexedor realizou estas declaracións no marco da reunión do Consello Territorial que tivo lugar hoxe en Madrid e á que tamén asistiu o alcalde de Vigo.

No encontro informouse tamén da creación na FEMP da Central de Contratación e o modelo de adhesión dos concellos que o desexen. Dende a súa creación están adheridos 101 concellos.

Esta central nace coa vocación de ser plataforma de contratación de todas as entidades locais para facilitar a xestión e conquerir aforros efectivos e prestacións de alta calidade a través de economías de escala.

Tamén se falou do protocolo de colaboración co Ministerio de Facenda para a promoción e fomento da utilización da Plataforma Tecnolóxica de Información "Emprende en 3", co fin de axilizar a tramitación dos procedementos establecidos polas normativas para regular a creación e posta en marcha de negocios de mellora na prestación de servizos das Administracións Pública.

Outro dos temas foi o modelo de ordenanza reguladora do informe de evaluación de edificios para determinar o estado de conservación ou a inspección técnica e as condicións básica de accesibilidade, ademáis da certificación enerxética.

O destino do superávit orzamentario de 2013 foi outro dos temas dos que se falou, analizando o concepto de inversión financieira sostible; así como da enmenda proposta ao proxecto de Lei polo que se modifica o texto refundido da Lei de Propiedade intelectual aprobado en 1996

Documentos relacionados



Compartir: