BENESTAR SOCIAL

As Cancelas celebrou este sábado actividades para todos os públicos

26/04/2014 A concelleira María Castelao asistiu á entrega de premios "Coñece o teu Concello" e á festa aniversario do Club de Celi. Ademáis estivo na exhibición de breakdance para promocionar a posta en marcha da escola municipal desta especialidade.

As Cancelas acolleu este sábado día 26 o seu colofón ás actividades infantís que se están a ofrecer no centro comercial con motivo da celebración do aniversario de Celi con máis de trinta actividades gratuítas que se desenvolven dende as 12 da mañá ata as 10 da noite.

Esta gran festa de aniversario serviru de broche final ao mes de Celi cuxas actividades e talleres se mantiveron durante a semana santa.

O mesmo tempo, o certame escolar de redacción e debuxo "Coñece o teu Concello" cuxo obxectivo é o de fomentar a identificación dos escolares co seu entorno máis inmediato e traballabar as súas destrezas expresivas, rematou coa entrega de premios no propio establecemento.

Ademáis as 14:00 horas puidose gozar dunha exhibición de breakdance da man de Vella Escola, unha entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia a través de manifestacións culturais e artísticas que nacen no medio urbano.

Compartir: