PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A primeira saída mostrou unha novidosa visión da Universidade, analizando o seu papel na cidade ao longo da historia e a través do seu patrimonio.
Nesta ocasión o entorno da Rocha foi o lugar elixido para desenvolver esta xornada, na que o edil puido observar e coñecer o papel desta parte da cidade na historia de Santiago e o seu camiño ao mar.
Para as vindeiras datas o Convento de San Francisco, o museo do Pobo Galego ou os petroglifos de Conxo serán algunhas das moitas novidades que se ofertan dentro deste programa.
O entorno da Rocha acolle o segundo encontro do programa "Vive, Vivencias, Vivamos"
26/04/2014 O concelleiro Francisco Noya participou nunha das xornadas pertencente ao novidoso proxecto co que a Área de Participación Cidadá quere promover o encontro e o intercambio cultural de forma accesible entre os cidadáns de Compostela.
O coñecemento da historia, da antropoloxía da cidade a través dos centros socioculturais e as tradicións compostelás son o atractivo dun programa no que tanto propios como alleos poderán descubrir e gozar máis desta universal urbe.A primeira saída mostrou unha novidosa visión da Universidade, analizando o seu papel na cidade ao longo da historia e a través do seu patrimonio.