PLENO

Elixidos os membros das mesas electorais por mor das eleccións ao Parlamento Europeo

26/04/2014 O Concello acolleu a celebración do pleno extraordinario para a designación de membros nas mesas electorais con motivo das próximas eleccións ao Parlameto Europeo o 25 de maio.

A designación faise mediante sorteo público e elíxense tanto aos titulares como ás persoas de reservas das mesas electorais.

Ás mesas electorais correspóndelles presidir o acto da votación, controlar o seu desenvolvemento e realizar o reconto e o escrutinio. Están integradas por un presidente e dous vogais. No sorteo elixíronse estes tres representantes das mesas e dous suplentes para cada unha deles.

O sorteo informático de representantes realizouse entre a totalidade de persoas censadas maiores de 18 anos e menores de 65 años que saiban ler e escribir. Quedan excluídos do sorteo os que alcancen a maioría de idade no prazo comprendido entre a formación das listas de electores e a votación. O presidente debe ter o título de Bacharelato ou de Formación Profesional de segundo grao ou, de non haber electores con esta titulación, o de Graduado Escolar ou equivalente.

Aos designados polo Pleno Municipal notificaráselles a súa condición de membros de Mesa durante os tres días seguintes ao sorteo. Xunto coa notificación seralles proporcionado un Manual de Instrucións para os Membros das Mesas Electorais.

O desempeño do cargo de vogal ou presidente de mesa electoral é obrigatorio. Calquera seleccionado para formar parte dunha mesa electoral que non cumpra as condicións requiridas ou non vaia poder desempeñar ese cargo por causa xustificada e demostrable, ten que alegar esas circunstancias á xunta electoral de zona. Se non o fai e non se presenta ou abandona o cargo, está incorrendo nun delito castigado pola lei electoral.

Compartir: