NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

Ponse en marcha a II edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego

23/04/2014 Dende a Concellería de Normalización Lingüística animan a todos os establecementos empresariais radicados en Compostela (de calquera ámbito, localización ou tamaño) e os profesionais da comunicación e da publicidade a participar.

Trátase dunha iniciativa que, baixo a lema "UNS GAÑAN E OUTROS NON", busca promover o uso do galego na comunicación do sector socioeconómico compostelán e que ademáis engade valor e rendemento ás iniciativas publicitarias.

Para participar será necesario presentar un proxecto orixinal dirixido a publicitar un establecemento onde todos os proxetos poderanse deseñar para calquera formato e soporte e con absoluta liberdade creativa.

O prazo para presentar os proxectos ao concurso remata o 15 de xuño e a inscrición do proxecto poderá realizala a empresa encargada de deseñalo ou aquela que sexa obxecto da publicidade.

Compartir: