NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

Ábrese o prazo para participar no II Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego

22/04/2014 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, presentou a II convocatoria dun programa que se iniciou o ano pasado e que pretende promover o uso do galego na comunicación do sector socioeconómico compostelán e engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias

Trátase dun concurso aberto a todos os establecementos empresariais radicados en Compostela (de calquera ámbito, localización ou tamaño) e os profesionais da comunicación e da publicidade

Para participar no concurso será necesario presentar un proxecto orixinal dirixido a publicitar un establecemento comercial, hostaleiro ou empresarial, un grupo formal ou informal de establecementos ou unha asociación do sector que forme parte do tecido socioecomómico compostelán. Todos os proxetos poderanse deseñar para calquera formato e soporte e con absoluta liberdade creativa.

Co lema "UNS GAÑAN E OUTROS NON", a Concellería de Normalización Lingüística ademáis de promocionar comercios, negocios e o uso da lengua outorgará unha contía de 5.000 euros ó gañador.

O prazo para presentar os proxectos ao concurso remata o 15 de xuño e a inscrición do proxecto poderá realizala a empresa encargada de deseñalo ou aquela que sexa obxecto da publicidade.

En calquera dos casos, os participantes deberán xestionar pola súa conta a execución do proxecto premiado e obter, para iso, os acordos necesarios entre ambas as partes.

Documentos relacionados



Compartir: