DEPORTES

Santiago vístese de Mundial

11/04/2014 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o acto xunto con Óscar Fernández, director-xerente de iFer-Grupo Fernández Santiago, Juanjo Martínez, director de comunicación de Hyundai España e José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte.

Compostela é o punto de partida a unha serie de actos que Hyundai España celebrará en varias cidades españolas con motivo do Mundial de Fútbol de Brasil. A primeira cita é este venres, día 11, co "Goodwill Ball" ou Balón dos Desexos, organizada en colaboración co concesionario da marca en Santiago, iFer-Grupo Fernández. Trátase dun gran balón que se colocará na Praza do Obradoiro, e onde quen o desexe poderá plasmar os seus mellores desexos para a Selección española no campionato carioca.

O acto simbólico de firma, tivo lugar ás 12:00 do mediodía, convertendo a Santiago na primeira das 58 cidades españolas polas que circulará o Balón.

En canto ao sábado, día 12, levarase a cabo un Roadshow na Alameda, que inclúe un campus de fútbol para nenos menores de 12 anos, unha zona de test drive (proba dos últimos modelos de Hyundai), unha zona lúdica con photocall e ademais regalos entre todos os asistentes. Durante esta xornada, todos os que proben un modelo de Hyundai entran nunha promoción para poder viaxar a Brasil. Sortearase unha viaxe para dúas persoas con todos os gastos incluídos: hotel, avión, actividades, axudas, transporte en Brasil e as entradas para ver un partido do Mundial.

Hyundai é socio principal da Fifa de cara á Copa do Mundo. Esta de Santiago é unha das paradas do Goodwill Ball, que unha vez percorran unha serie de cidades españolas, serán exhibidos no Hyundai Fan Park de Madrid.

Compartir: