SERVICIOS SOCIAIS

A concelleira María Castelao asistiu á presentación da memoria da Cruz Vermella

10/04/2014 O acto tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos e contou coa presenza da concelleira de Servicios Sociais, María Castelao, o presidente da Cruz Vermella de Santiago, Leopoldo Vaamonde Mosquera e a coordinadora provincial, Carmen Díaz Pache.

A Cruz Vermella en Santiago desenvolveu multitude de proxectos nos que participaron máis de 7.000 usuarios/as. Para levar a cabo estos proxectos foi moi importante a labor solidaria de 258 persoas que participan activamente como voluntarias.

A entidade conta con 2.817 socios que permiten seguir traballando en favor dos colectivos máis vulnerables.

No acto realizouse una presentación dos proyectos e actividades que realizou a Asamblea Comarcal durante o ano 2013.

Compartir: