SERVICIOS BÁSICOS

O Concello habilita unha partida de 100.000 euros para a reposición de cable de cobre

10/04/2014 O concelleiro de Servizos Básicos e Brigada de Vías Obras, Juan de la Fuente, compareceu en rolda de prensa para informar da creación dunha nova partida para repoñer o cableado de cobre que foi roubado entre finais do 2012 e 2013.

O Concello de Santiago trata de solucionar unha das preopcupacións que máis afectaban nestes últimos tempos aos veciños de Compostela, o roubo do cableado de cobre. Parroquias como Figueiras, Santa Lucía ou Villestro forman parte do total dos 58 lugares que se viron afectados polo roubo de conductores aéreos e subterráneos da luz municipal quedando sen o servizo de alumeado. O custo total da reposición de cable nestas parroquias é de 58.000 euros.

O concelleiro informou que, por primeira vez, se creou unha partida específica para esta cuestión, co fin de axilizar a reposición e evitar que os veciños queden sen luz. A contía é de 100.000 euros.

Aínda quedan zonas afectadas nas que non se repuxo o novo cableado, que entrarán dentro dunha segunda fase que rondará os 42 000 euros completando así o global da partida inicial.

Pola súa banda, o cableado que se está a repoñer é de aluminio, un clabeado igual de funcional pero máis barato que o cobre, e por tanto, ten un menor valor para os que o están a roubar.

Dende o Concello, entre 2012 e 2013, lévase investido en torno aos 300.000 euros para repoñer os máis de 250.000 metros que se roubaron, sobre todo no rural, zonas máis desprotexidas e con maior facilidade para subtraer o cable.

Prego de recollida do lixo
O concelleiro aproveitou para lembrar que se está traballando na redacción do novo prego que rexirá o contrato de recollida de lixo para adaptalo ás circunstancias actuais, xa que de 5.300 contedores pasouse a 8.500 e de 11 islas, a 88. Ademais indicou que a limpeza dos primeiros se fai 6 veces por semana, e a das islas, 4 veces ao ano.

Así mesmo, o edil agradeceu o traballo que está a realizar a empresa concesionaria, Urbaser, que presta gratuítamente servizos como os de limpeza de estatuas, pintadas ou campos da festa nas parroquias do rural

Compartir: